Nota do público:

7,48

Bielorrusia, Alemaña, Estados Unidos, Rusia / 93 min. / Ficción / Ruso,Inglés

Mercar entrada

Velya é unha moza de 22 años licenciada en dereito que soña con mudarse a Chicago e traballar como DJ profesional. É 1996 e vive na Minsk postsoviética. O país está a sufrir unha crise económica con alto desemprego, e os seus cidadáns reciben pagos en especie. Para poder obter unha visa e cumprir o seu soño, Velya debe proporcionar unha evidencia na embaixada de que ten un emprego permanente.


Ficha artística

Alina Nasibullina, Ivan Mulin, Yury Borisov, Svetlana Anikey, Ilya Kapanets.

Ficha técnica

Guión: Helga Landauer.
Fotografía: Carolina Costa.
Edición: Sergey Dmitrenko, Michal Leszczylowski.
Produción:Birgit Gernböck, Olga Goister, Debbie Vandermeulen, Valery Dmitrotchenko.

Premios

  • Gran Premio no Festival Internacional de Cine de Odessa.

Crítica Cineuropa

Ambientada uns anos despois de que Bielorrusia obtivese a súa independencia, esta vibrante ópera prima, rodada nun opresivo 4:3 pero cun brillo na contorna e a paisaxe que parece construír unha ponte entre ese pasado lúgubre de liberdades cernadas e algo mellor que se intúe pero non se ve, é a amarga resposta dunha moza na vintena que creceu soñando con marchar, con abrazar a independencia propia, e non a recentemente conquistada pola xeración dos seus pais. Salpicada de humor moi fino, esta comedia negrísima, intelixente e feminista foi realizada por unha moza chamada Darya Zhuk: dese nome volveremos ter moi boas noticias.

 


Khrustal / Cisne de cristal

Darya Zhuk

Minsk (Bielorrusia), 1980

Descubriu o cinema mentres estudaba economía en Harvard. As súas curtametraxes foron estreados en festivais como SXSW, Tarkovsky, Oaxaca, Atlanta, Palm Springs, Koroche e Santa Fe, entre outros. Estudou o mestrado en belas artes da Universidade de Columbia, Nova York. Actualmente vive e traballa a cabalo entre Minsk e Brooklyn. Crystal Swan é a súa ópera prima.