Nota do público:

8,36

Bélxica, Francia / 90 min. / Documental,Ficción / Francés,Turco

Mercar entrada

Unha muller de ascendencia turca, seguindo antigos ritos curativos anatolios, soña o seu camiño a través de fragmentos de memoria, tanto persoais como colectivos. Guiada por un personaxe mitolóxico, Quirón o Centauro (interpretado polo polifacético Denis Lavant), viaxa libremente entre as ruínas dun antigo hospital romano e as rúas dunha vila de montaña, moi por encima do río Éufrates. O tempo e o espazo dislócanse, abrindo pasaxes entre mundos. Nunha experiencia interior traducida en poema cinematográfico, Kazarken explora a memoria como espazo de loita contra o esquecemento e a violencia da historia oculta.


Ficha artística

Denis Lavant, Güldem Durmaz, Martin Selze, Marie-Sohna Conde.

Ficha técnica

Guión: Güldem Durmaz, Simon Backes.
Fotografía: Simon Backes, Güldem Durmaz, Piet Eekman, Bernard Verstraete.
Edición: Simon Backes, Güldem Durmaz.
Produción: Güldem Durmaz, Simon Backes, Javier Packer.

Crítica Cineuropa

Güldem Durmaz condúcenos a unha experiencia vital realmente hipnótica, unha aventura ao fondo da mente que transcende o cinematográfico. Unha viaxe á Anatolia dos seus devanceiros, escenario actual de traballos arqueolóxicos, sérvelle de pretexto para repasar a historia turca e realizar a súa propia escavación arqueolóxica no plano emocional, un periplo existencial para atoparse a si mesma e o seu lugar no mundo. Arqueoloxía, historia, recordos, soños e mitoloxía únense de forma vertixinosa mediante un sublime proceso de deconstrución cinematográfica, seleccionando imaxes gravadas ao longo de trece anos e conectándoas entre si nun delicado traballo de reconstrución.


Kazarken: En creusant

Güldem Durmaz

París (Francia), 1971

O seu traballo explora as conexións entre a memoria, a linguaxe e as identidades culturais ou transculturais, xa que experimenta con actores e non actores, linguaxes secretas ou inventadas, e situacións reais e oníricas. Soför (2001), Koro (2002), BEN/O (2011), ou Ensemble! (2016), son outros dos seus títulos. Kazarken é a súa primeira longametraxe.