Nota do público:

6,45

Turquía, Alemaña, Bulgaria / 103 min. / Ficción / Turco

Mercar entrada

Yusuf, de 17 anos, chega á casa despois de pasar catro anos nun centro de reclusión. O seu regreso ao círculo familiar e a reunión co seu irmán maior, Ramazan, sobre todo, lémbranlle constantemente o acto que os outros membros da familia, obrigados por unha ríxida tradición, lle impuxeron como fillo menor. Ao entrar na vida dos dous irmáns, Yasemin convértese en testemuña involuntaria dun segredo familiar. Mentres Yusuf e Ramazan recoñecen o seu pasado e a súa conciencia, Yasemin convértese noutra ameaza para a familia, do mesmo xeito que Yusuf.


Ficha artística

Yiğit Ege Yazar, Caner Şahin, Gözde Mutluer, Cem Zeynel Kılıç, Ozan Çelik, Ebru Ojen Şahin.

Ficha técnica

Guión: Ömür Atay.
Fotografía: A. Emre Tanyıldız.
Música: Erdem Helvacıoğlu, Victor Chouchkov.
Produción: Atay Film, Off Film, Fiction 2.0, Chouchkov Brothers.

Crítica Cineuropa

De ritmo pausado e fermosa fotografía, Irmáns desenvolve un sutil suspense ofrecendo a información a contagotas ao longo de toda a metraxe. Atención á contida e silenciosa interpretación do prometedor Yiğ it Ege Yazar, que tan só cos xestos e a mirada transmite con solvencia a dicotomía entre o seu desexo de redención e o resentimento cara unha familia sometida ás hipócritas normas morais da relixión.


Kardeşler / Irmáns

Ömür Atay

Turquía, 1969

Comezou a súa educación cinematográfica na Facultade de Belas Artes da Universidade Eylül 9 e completouna no Departamento de Dirección de Cine da Facultade de Belas Artes da Universidade de Marmara en Istambul. Traballa en cine e televisión. As súas curtametraxes proxectáronse en numerosos festivais de cinema nacionais e internacionais. Irmáns é a súa ópera prima.