Nota do público:

5,51

Arxentina / 105 min. / Ficción / Castelán

Mercar entrada

Julia, ex actriz, e a súa filla Emma instálanse nunha casaría nunha localidade de Córdoba, Arxentina. É inverno e Julia debe arranxar a casa para vendela. Pasou tempo desde a morte do seu esposo e pai de Emma, pero o dó aínda está moi presente. Os días pasan escuros e a tristeza de Julia dilúe a relación entre nai e filla. Unha noite, Julia atopa a Gaspar, un amigo de toda a vida que a intenta convencer de que participe nun concurso de teatro. Julia, Emma e Gaspar reconstruirán as súas vidas comezando un proxecto incerto dun novo tipo de familia.


Ficha artística

Umbra Colombo, Victoria Castelo Arzubialde, Pablo Limarzi.

Ficha técnica

Guión: Inés María Barrionuevo.
Fotografía: Ezequiel Salinas.
Música: Germán A. Sanchez.
Produción: Juan Pablo Miller (Tarea Fina), Inés María Barrionuevo.

Crítica Cineuropa

Logo do seu exitoso debut con Atlántida, Barrionuevo volve explorar o universo feminino e faino con gran pericia. Os seus personaxes conviven co seu dó non resolvido que as determina nos seus sentimentos e nos seus actos. O regreso á casa abandonada, a reconstrución da relación entre nai e filla, os ambientes opresivos, os intentos de redención, están narrados desde un punto de vista que acompaña o drama á perfección.


Julia y el zorro

Inés María Barrionuevo

Córdoba (Arxentina), 1980

Escribiu, dirixiu e produciu máis de 10 traballos audiovisuais para televisión e cinema. A súa ópera prima, Atlántida, tivo a súa estrea mundial no Festival de Berlin 2014. Julia y el zorro é a súa segunda longametraxe, que tivo a súa estrea mundial na sección Novos Directores do Festival de San Sebastián 2018.