Nota do público:

6,52

Suecia / 88 min. / Ficción / Sueco,Alemán,Croata

Mercar entrada

O pequeno Jimmie, de 4 anos, e o seu pai buscan un lugar seguro despois de que un conflito violento se desencadee na súa Suecia natal.


Ficha artística

Jesper Ganslandt, Hunter Ganslandt, Christopher Wagelin, Anna Littorin, Marita Fjeldheim Wierdal.

Ficha técnica

Guión: Jesper Ganslandt.
Fotografía: Måns Månsson.
Música: Jon Ekstrand.
Produción: Hedvig Lundgren, Juan Pablo Libossart, Jesper Kurlandsky.

Crítica Cineuropa

Jimmie ten catro anos. O seu pai asegúralle que van na procura da súa nai desaparecida. Aínda que a súa bonita vida en Estocolmo se esvaece ao verse obrigados a fuxir, o neno non esquece as promesas e aférrase a elas. Son o propio Ganslandt e o seu pequeno quen interpretan esta historia de desesperación e perda en cuxo periplo é fácil recoñecer o de miles de migrantes que día a día foxen en busca dun lugar seguro onde vivir. Ao que o espectador non está afeito é a ver que os que foxen aquí son de países ricos e seguros.


Jimmie

Jesper Ganslandt

Falkenberg (Suecia), 1978

No ano 2000 fundou a produtora Fasad xunto a Jesper Kurlandsky. Tras a súa recoñecida ópera prima Farväl Falkenberg (2006), dirixiu e escribiu as longametraxes Filmen jag inte pratar om längre (2008), Apan (2009) e Blondie (2012), esta última estreada no Festival de Cine de Venecia dese ano.