Nota do público:

5,82

Alemaña / 88 min. / Ficción / Alemán

Mercar entrada

Walter non pode crer que fose despedido dun día para outro. El, que se considera absolutamente indispensable no departamento de mercadotecnia dunha fábrica de cosméticos. El, que literalmente vive polo seu traballo. O despedimento golpéao coma un gouño. Mentres a súa autoestima fraquea, a súa desesperación medra. A situación é unha pesada carga para o seu matrimonio ata que unha noite todo rebenta: Walter sobe ao seu coche fóra de si e conduce sen rumbo. No seu camiño pasa dunha situación límite a outra. Cando está a piques de perdelo todo, foxe usando a identidade doutro home. Con todo, pronto se decata de que non é posible escapar dun mesmo.


Ficha artística

Godehard Giese, Loretta Pflaum, Ronald Kukulis, Tinka Fürst.

Ficha técnica

Guión: Julia Keller, Janis Mazuch.
Fotografía: Janis Mazuch.
Música: Jonas Förster.
Produción: Bettina Brokemper, Heimatfilm GmbH + CO KG.

Crítica Cineuropa

Julia Keller narra na súa lúcida e inconformista ópera prima a historia dun tipo ambicioso e egocéntrico que é despedido da empresa á que dedicou todo o seu tempo nos últimos anos. A destitución obrígao a saír da zona de confort e a reformular a súa vida. El mesmo se define como “dinámico, práctico e novo”, e, aínda que é ben certo que é dinámico e práctico, tamén o é que pasados os corenta xa ninguén é novo no implacable mercado laboral, polo que comeza a sentir como o chan cambalea debaixo dos seus pés. Walter vivirá unha particular odisea nocturna na que perderá o control, descubrirá outra xente, outros mundos e, esencialmente, descubrirase a si mesmo. Jetzt.Nicht. propón unha reflexión sobre o mundo actual: vivir unha segura pero gregaria existencia ou romper as normas e intentar ser libre?


Jetzt.Nicht.

Julia Keller

Erding (Alemaña), 1980

Obtivo o título de belas artes no Chelsea College of Art & Design do Reino Unido o ano 2003. Tamén cursou estudos no Emily Carr Institute of Art en Vancouver. De volta a Alemaña, graduouse na Academy of Media Arts de Colonia. Outro programa de intercambio permitiulle estudar na EICTV da Habana. Jetzt.Nicht. é a súa ópera prima.