Nota do público:

6,48

Francia / 83 min. / Documental / Búlgaro,Francés

Mercar entrada

Despois de pasar vinte e cinco anos en Francia, volvo a Bulgaria, cámara en man, cunha irreprimible sospeita: e se a miña familia colaborou coa policía do réxime comunista? E se foron parte dese "lixo roxo" que os manifestantes na rúa queren ver desaparecer? Decido investigar e filmar, constantemente, preparada para calquera cousa. A miña aventura transfórmase nunha odisea cómico-tráxica, unha mestura de espionaxe e filme familiar.


Ficha artística

Bojina Panayotova, Milena Mikhaïlova Makarius, Nicolaï Panayotov, Toshka Mikhaïlova, Silvina Mikhaïlova, Kamen Draganov, Xavier Sirven.

Ficha técnica

Fotografía: Bojina Panayotova, Xavier Sirven.
Música: Emilian Gatsov.
Edición: Léa Chatauret, Elsa Jonquet, Bojina Panayotova.
Produción: Roy Arida (Stank), Arnaud Dommerc (Andolfi).


Je vois rouge / Vexo todo roxo

Bojina Panayotova

Bulgaria, 1982

Estudou en La Fémis tras rematar un mestrado de filosofía na Ecole Normale Supérieure de París. Dirixiu as curtas Home Match, Cosmonauts e Bulgarian Gospel, todas elas seleccionadas en numerosos festivais internacionais. Como guionista traballou en In Limbo, de Antoine Viviani, e en Hope e Camille, dous filmes de Boris Lojkine. Je vois rouge é a súa ópera prima.