Francia / 89 min. / Ficción / Francés

A nova Johnny traballa e vive nunha área de servizo para camioneiros, onde se sente soa e agarda que, algún día, lle chegue o amor. Johnny fíxase en Krassky, un condutor do camión do lixo, a pesar de que Boris, o seu xefe, a alerta de que en realidade é homosexual. Quizais sexa polo seu aspecto andróxino, pero tamén Krassky sente atracción por Johnny. Ningún dos dous repara en que Padovan, o noivo de Krassky, cada vez semella máis e máis celoso.


Ficha artística

Jane Birkin, Joe Dallesandro, Hugues Quester, Reinhard Kolldehoff, Gérard Depardieu, Jimmy Davis.

Ficha técnica

Guión: Serge Gainsbourg.
Fotografía: Willy Kurant.
Música: Serge Gainsbourg.
Produción: Président Films / Renn Productions.


Je t'aime… moi non plus / Ámote… mais eu non