Nota do público:

6,39

Brasil / 82 min. / Ficción / Portugués,Inglés,Francés

Mercar entrada

Deusimar é a dona do Inferninho, un bar escuro e decadente que é refuxio de soños e fantasías. A súa ilusión é deixar todo atrás e marchar a calquera lugar, o máis lonxe posible. Namorarse de Jarbas, o aposto mariño que chega ao bar soñando con atopar un fogar, cambiará por completo a súa vida e as vidas dos empregados do local: Luizianne, a cantante; Coelho, o camareiro e Caixa- Preta, a señora da limpeza.


Ficha artística

Yuri Yamamoto, Demick Lopes, Samya De Lavor, Rafael Martins, Tatiana Amorim, Paulo Ess.

Ficha técnica

Guión: Guto Parente, Pedro Diogenes, Rafael Martins.
Fotografía: Victor de Melo.
Música: Vitor Colares, Felipe Lima.
Produción: Amanda Pontes, Caroline Louise.

Crítica Cineuropa

Inferninho é un fermoso tributo a esas xentes solitarias que habitan os últimos bares abertos, seres inadaptados con mil e unha historias que contar. Filmada practicamente dentro das catro paredes do local e sinxela en termos orzamentarios, trátase dunha pequena película realizada con moita tenrura, aínda que non exenta de certa retranca. A narrativa é menos importante que a atmosfera e o ánimo dos moradores do Inferninho, unha particular e estraña familia formada polos incondicionais dun tugurio que serve como pano de fondo para os seus melodramas. Percíbense varias influencias cinematográficas no filme. O mesmo título internacional é unha chiscadela a My own private Idaho de Gus Van Sant, con quen comparte fascinación por un certo tipo de personaxes, mentres que a estética carrañenta e teatral lembra o cinema do alemán R. W. Fassbinder. Inferninho non abre novos horizontes temáticos ou formais, pero si emociona ao retratar a súa bizarra galería de personaxes cun agarimo palpable en todo momento.


Inferninho

Pedro Diogenes

Fortaleza (Brasil), 1984

Traballa man a man con Guto Parente desde o comezo das súas carreiras. Inferninho é a cuarta longametraxe que dirixen xuntos, pero a primeira como dúo. Estrada para Ythaca (2010), Os monstros (2011) e No lugar errado (2011), foron dirixidos por Parente e Diogenes xunto a Luiz e Ricardo Pretti, con quen viñeron formando un cuarteto laboral.

Guto Parente

Fortaleza (Brasil), 1983

Traballa man a man con Pedro Diogenes desde o comezo das súas carreiras. Inferninho é a cuarta longametraxe que dirixen xuntos, pero a primeira como dúo. Estrada para Ythaca (2010), Os monstros (2011) e No lugar errado (2011), foron dirixidos por Diogenes e Parente xunto a Luiz e Ricardo Pretti, con quen viñeron formando un cuarteto laboral.