Romanía / 90 min. / Ficción / Romanés

Esta película conmemorou —en 1912— o 35º aniversario da soberanía nacional romanesa, como consecuencia da guerra entre Rusia e Turquía, saldada coa derrota nos Balcáns do temido Imperio otomán. Ao final da cinta aparece o desfile do 10 de maio de 1912 (gravación de actualidade naquel momento) e é a primeira longametraxe de ficción romanesa.


Ficha artística

Constantin Nottara, Aurel Athanasescu, Aristide Demetriade.

Ficha técnica

Guión: Petre Liciu, Constantin Nottara, Grigore Brezeanu.
Fotografía: Franck Daniau.
Edición: Aristide Demetriade.
Produción: Leon Popescu.


Independenta României / A guerra da independencia