Italia, Francia / 128 min. / Ficción / Italiano,Inglés,Francés

Recentemente abandonado pola súa muller, Niccolo, director de cinema sen cámara, toma a decisión de realizar unha película sobre as mulleres. Cando sae na procura das posibles protagonistas do filme comeza a preguntarse que muller ou tipo de muller debería buscar. Como nin el mesmo o sabe, deberá identificala entre todas aquelas mulleres que o guión de Antonioni pon no seu camiño.


Ficha artística

Tomas Milian, Daniela Silverio, Christine Boisson, Marcel Bozzuffi, Veronica Lazar, Itaco Nardull.

Ficha técnica

Guión: Gérard Brach, Michelangelo Antonioni.
Fotografía: Carlo Di Palma.
Música: John Foxx.
Produción: Antonio Macri / Giorgio Nocella / Alessandro von Norman / Renzo Rossellini.

Premios

  • Premio 35 Aniversario do Festival de Cannes 1982.


Identificazione di una donna / Identificación dunha muller