Canadá, Alemaña / 81 min. / Drama / Inglés

Montgomery Ward é un chapero de Los Ángeles que aparece flotando nun jacuzzi. A súa voz en off inicia o relato das circunstancias que o conduciron á morte. Todo comeza cun escritor alemán chamado Jürgen Anger que recala en California coa intención de escribir un libro sobre prostitución masculina. Cando coñece a Monty contrátao por 1000 dólares para que lle conte a historia da súa vida e mais os pormenores do seu traballo.


Ficha artística

Tony Ward, Bruce La Bruce, Alex Austin, Kevin Kramer, Ron Athey

Ficha técnica

Guión: Bruce La Bruce e Rick Castro
Fotografía: James Carman
Montaxe: Rider Siphron


Hustler white