Italia / 109 min. / Ficción / Inglés

Mina é italiana e Jude estadounidense. Coñécense de xeito accidental e inician unha apaixonada historia de amor que os leva a casar en pouco tempo. As súas vidas transcorren con tranquilidade ata que, de súpeto, Mina queda embarazada e un guía espiritual lle di que está a procrear un bebé indigo, é dicir, cunhas capacidades máis alá do normal. A partir dese momento, Mina obsesiónase coa idea de que o seu fillo será practicamente un Deus e comeza a protexelo de calquera ameaza exterior.


Ficha artística

Adam Driver, Jake Weber, Alba Rohrwacher, Natalie Gold, Toshiko Onizawa, Victor Williams, David Aaron Baker.

Ficha técnica

Guión: Saverio Costanzo (Novela: Marco Franzoso).
Fotografía: Fabio Cianchetti.
Música: Nicola Piovani.
Produción: Wildside / Rai Cinema / Ministero per i Beni e le Attività Culturali (MiBAC).

Premios

  • Copa Volpi á mellor actriz e ao mellor actor en Venecia 2014.

 


Hungry Hearts