Nota do público:

5,56

Alemaña, Francia, Reino Unido, Polonia, Estados Unidos / 110 min. / Ficción / Inglés

Mercar entrada

Un grupo de convictos acepta participar nunha misión espacial a cambio dunha rebaixa na súa condena. A súa misión é explorar o burato negro no que todo comezou. Monte será un dos integrantes deste 'equipo' de prisioneiros no que se inflitra a súa filla Willow. A acción retómase cinco anos despois de que comezase esta nova viaxe á fin do universo. Co tempo, a nave espacial só será outro tipo máis de cárcere, e pai e filla terán que sobrevivir.


Ficha artística

Robert Pattinson, Juliette Binoche, Mia Goth, André Benjamin, Lars Eidinger, Agata Buzek, Claire Tran, Ewan Mitchell.

Ficha técnica

Guión: Claire Denis, Jean-Pol Fargeau, Geoff Cox.
Fotografía: Yorick Le Saux, Tomasz Naumiuk.
Música: Stuart Staples, Tindersticks.
Produción: Alcatraz Film / Pandora Film / Andrew Lauren Productions (ALP) / Apocalypse Films Company / Madants / Canal+ / arte France Cinéma / BFI Film Fund.

Premios

  • Premio FIPRESCI da crítica no Festival de San Sebastián 2018.

Crítica Cineuropa

Tras Un sol interior, na que se permitía un excurso pola comedia de muller descasada, Claire Denis repite con Juliette Binoche nunha viaxe a un xénero moito máis afastado, a ciencia ficción dentro de nave espacial. A orixe dos seus despersonalizados tripulantes —segundo iremos encaixando a través de sucesivos flashbacks— é o de vagar no espazo, case como remeiros dunha sentina, como colonia penal. E Denis vai ensinando por onde comezou a foderse esta viaxe onde os seres humanos perderon a súa alma. E o único que pervive, e axigantada, é a pulsión sexual, tan ben expresada nesa ferocidade coa que Juliette Binoche se fai cun orgasmatrón. Outra fascinante obra maiúscula da misantropía de Claire Denis.


High life

Claire Denis

París (Francia), 1946

Estudou cine no parisiense IDHEC antes de traballar como asistente de Wim Wenders, Jim Jarmusch e Costa-Gavras. En 1988 escribe e dirixe a súa primeira longametraxe, Chocolat, unha historia autobiográfica de tensión racial na África colonial de 1950. Bastards (2013), White Material (2009), 35 rhums (2008) ou Un beau soleil intérieur (2017), son outros dos seus títulos.