Nota do público:
Tina é unha axente de aduanas cun olfacto tan extraordinario que é capaz de cheirar a culpa de calquera que pretenda esconder algo. Un día o seu olfacto é posto a proba con Vore, un home de aspecto sospeitoso que pasa ante ela. Tina sabe que Vore esconde algo que ela non pode identificar. E o que é peor, séntese estrañamente atraída por el. Tina descobre a auténtica identidade de Vore pero tamén a verdade sobre a súa propia existencia.
Eva Melander, Eero Milonoff, Viktor Åkerblom, Joakim Olsson.
Guión: Ali Abbasi, Isabella Eklöf, John Ajvide Lindqvist.
Fotografía: Nadim Carlsen.
Música: Christoffer Berg, Martin Dirkov.
Produción: Nina Bisgaard, Piodor Gustaffson, Petra Jönsson.
Teherán (Irán), 1981
En 2002 abandonou os seus estudos na Universidade Politécnica de Teherán para viaxar a Europa e instalouse definitivamente en Estocolmo para estudar arquitectura. Despois realizou estudos de dirección cinematográfica na Escola Nacional de Arte de Dinamarca. A súa ópera prima Shelley estreouse na sección Panorama da Berlinale de 2016. Border é a súa segunda longametraxe.