Nota do público:
Pauline e as súas dúas fillas adolescentes, Beth e Vera, herdan unha casa. A primeira noite no seu novo fogar sofren o brutal ataque dun grupo de intrusos. Pauline e as mozas deberán loitar para salvar as súas vidas. 16 anos despois, Beth é unha novelista de éxito, mentres que a súa irmá Vera, vítima de desequilibrios mentais, vive aínda naquela casa coa súa nai. Cando as tres volven reunirse alí, da comezo unha onda de acontecementos terroríficos.
Crystal Reed, Anastasia Phillips, Emilia Jones.
Guión: Pascal Laugier.
Fotografía: Danny Nowak.
Produción: 5656 Films / Logical Pictures / Mars Films.
Francia, 1971
Tras realizar varias curtas, traballa en 2001 como asistente do director Christophe Gans na película O pacto dos lobos. Como fanático do xénero de terror, Laugier dirixe Saint Ange (2004), a xa película de culto Martyrs (2008) e The tall man (2012). Con Ghostland logrou tres premios no Festival de Cinema de Géradmer: o gran premio, o premio do público e o premio SYFY.