Nota do público:

6,95

Estados Unidos / 94 min. / Ficción / Inglés

Mercar entrada

Roy Cady é un asasino a soldo en New Orleans ao que lle foi diagnosticado cancro de pulmón aos 40 anos. Ante a sospeita de que o seu xefe quere eliminalo, Roy trata de fuxir cara un horizonte descoñecido. No seu camiño, atoparase cunha moza desamparada que lle ofrece a oportunidade de darlle un novo sentido á súa vida.


Ficha artística

Ben Foster, Elle Fanning, Lili Reinhart, María Valverde, Beau Bridges, Robert Aramayo, Adepero Oduye, Rob Steinberg.

Ficha técnica

Guión: Jim Hammett (Novela: Nic Pizzolatto).
Fotografía: Arnaud Potier.
Música: Marc Chouarain.
Produción: Low Spark Films / Jean Doumanian Productions.

Crítica Cineuropa

A cuarta longa como directora de Mélanie Laurent —e o seu intercambio de Francia aos Estados Unidos— é un filme de serie negra, adaptación dunha novela que Nick Pizzolatto escribiu antes de alcanzar a fama con True Detective. Galveston pertence á estirpe do noir que protagonizan seres crebados, dous perdedores que foxen da violencia e buscan último refuxio nunha Texas costeira e vítima dos furacáns. Cando xa sabemos que estes desvíos ao paraíso sempre terminan nun cul de sac. Entre a sordidez e a poética dese canellón das almas perdidas, hai que ver para crer a composición de fraxilidade exquisita de Elle Fanning.


Galveston

Mélanie Laurent

París (Francia), 1983

Actriz, cantante, directora e escritora francesa, gañadora do Premio César á mellor actriz en 2006. O seu debut tras las cámaras foi a curta De moins en moins (2008), nomeado á Palma de Ouro no Festival de Cannes. En 2011 dirixiu e protagonizou a súa ópera prima: Les adoptés. Respire (2014) e Plonger (2017), son outros dos seus títulos.