Nota do público:

6,16

Lituania, Francia, Ucraína, Polonia / 130 min. / Ficción / Lituano,Ucraíno,Ruso,Inglés,Francés

Mercar entrada

Rokas e Inga, unha parella de mozos lituanos, ofrécense como voluntarios para conducir unha camioneta de axuda humanitaria a Ucraína. Cando os plans cambian e se atopan abandonados á súa sorte, cruzan as vastas terras nevadas da rexión de Donbass en busca de aliados e refuxio, implicándose na vida dos afectados pola guerra. A pesar do perigo, vanse achegando cada vez máis á liña da fronte.


Ficha artística

Mantas Janciauskas, Lyja Maknaviciute, Vanessa Paradis, Andrzej Chyra.

Ficha técnica

Guión: Sharunas Bartas, Anna Cohen-Yanay.
Fotografía: Eitvydas Diskus.
Música: Pawel Mykietyn.
Produción: Sharunas Bartas, Jurga Dikciuviene Janja Kralj, Olena Yershova Maria Blicharska, Michel Merkt.

Premios

  • Mellor filme na sección Dereitos Humanos do Festival de Cine Internacional de Estambul.

Crítica Cineuropa

Sharunas Bartas, que regresa a este festival dous anos despois da proxección da suxestiva Peace to us in our dreams, propón nesta ocasión unha obra ambientada no conflito activo entre Rusia e Ucraína para reflexionar sobre aquilo que máis coñece, que é a condición humana. En Seven invisible men xa tratara o tema ucraíno pero con outro tipo de personaxes, situados nas antípodas dos inicialmente idealistas Rokas e Inga. Frost emerxe máis ambiciosa, como un relato que comprende o individual e o universal, o psicolóxico e o filosófico, e que adquire un cariz máis escuro, mesmo nihilista, a medida que nos mergulla nos horrores da guerra. A través dos denodados esforzos da parella protagonista por comprender todo aquilo que están a vivir, o filme devén nunha profunda análise do conflito ucraíno e dos colectivos humanos atrapados nel. O cinéfilo saberá recoñecer nesta obra as principais cores e motivos que conforman o imaxinario que Bartas veu plasmando ao longo da súa filmografía.


Frost

Sharunas Bartas

Siauliau (Lituania), 1964

Graduouse na Escola de Cinema VGIK en Moscova. En 1989 fundou o primeiro estudo independente de Lituania, Studija Kinema. A través de películas como Three days (1991), Koridorius (1995), Few of us (1996), ou Peace to us in our dreams (2015), creou unha particular e delicada estética que continúa explorando en Frost, a súa novena longametraxe.