Nota do público:

5,40

Romanía / 70 min. / Documental / Romanés

Mercar entrada

O pasado outono, un bo amigo da infancia de Corneliu Porumboiu díxolle que, a base de cambiar as regras do fútbol, o seu irmán inventara un novo deporte. Un mes despois, Porumboiu volveu á súa cidade natal, Vaslui, cun pequeno equipo de rodaxe, para aprender máis sobre ese novo deporte.


Ficha técnica

Fotografía: Tudor Mircea.
Edición: Roxana Szel.
Produción: Marcela Ursu - 42 Km Film.


Fotbal infinit / Fútbol infinito

Corneliu Porumboiu

Vaslui (Romanía), 1975

Foi recoñecido en 2006 pola súa primeira longametraxe, 12:08 East of Bucharest, que acadou a Camera d'Or no Festival de Cannes, onde se presentou na Quincena dos Realizadores. As súas seguintes películas confirmaron o seu talento como narrador e director. Police, adjective (2009), The second game (2014) e The treasure (2015) son outros dos seus títulos.