Nota do público:

7,30

Francia, Bélxica / 113 min. / Ficción / Francés

Mercar entrada

Un policía desenganado comeza unha investigación sobre a desaparición repentina dun adolescente, ao tempo que o seu fillo delincuente volve á súa vida tras embarcarse no mundo do narcotráfico para que o axude a salvar un amigo.


Ficha artística

Vincent Cassel, Romain Duris, Elodie Bouchez, Sandrine Kiberlain, Charles Berling, Christophe Tek, Lauréna Thellier, Sadek.

Ficha técnica

Guión: Érick Zonca, Lou de Fanget Signolet (Novela: Dror Mishani).
Fotografía: Paolo Carnera.
Música: Rémi Boubal.
Produción: Curiosa Films / Versus Production / FD Production.

Crítica Cineuropa

Érick Zonca roubounos a alma hai vinte Cineuropas con A vida soñada dos anxos. Tan caro de ver, regresa e faino con outro rostro case esvaído daquela película súa, o de Élodie Bouchez. Pero aquí a parte do león lévaa un Vincent Cassel descomunal como policía deshabitado e etílico, aferrado ao caso dun adolescente desaparecido. Unha serie negra colosal e nihilista, das que te creban cando encaixan, no claroscuro, todas as súas xunturas.


Fleuve noir

Érick Zonca

Orleáns (Francia), 1956

Tras cursar algúns estudos de filosofía que nunca concluíu e cursos de teatro, marcha a Nova York, onde viviu catro anos.​ Como director autodidacta, realiza a súa primeira curtametraxe en 1992 antes de que o coñecésemos pola súa primeira película, A vida soñada dos anxos, un éxito inmediatamente recompensado polo Premio César á mellor película en 1999.