Nota do público:

9,00

España, Arxentina / 88 min. / Ficción / Castelán

Mercar entrada

Stella é arxentina e non ten papeis. Desde que enfermou de ELA, a súa parella Paco axúdaa a moverse, alimentarse e comunicarse. Valeria, filla de Stella, acompáñaos nos seu tempo libre, pero a angustia que lle provoca a deterioración da súa nai, lévaa a perderse nas noites de festa. Mentres agardan resposta por un piso de protección oficial, intentan sobrevivir ao día a día cos poucos recursos que quedan.


Ficha artística

Adrià Sánchez-Campo, Judith Dalmau, Laura Esteve Reig, Mer Calduch, Valeria Ballerini, Roberto García Suárez, Isabel Rojas.

Ficha técnica

Guión: Eugenio Canevari, Melina Pereyra.
Fotografía: Michele Falci, Enrique Rico.
Música: Patricio Canevari, Javier Orduña.
Produción: Mamá Húngara Cine / FANECA FILMS / Chroma Teatre.

Crítica Cineuropa

Tras o seu interesante debut con Paula, Canevari realiza agora un híbrido entre ficción e documental no que, outra vez, penetra nunha contorna familiar pero esta vez moi diferente á da súa ópera prima. É unha familia real que interpreta o seu verdadeiro drama: tres personaxes que deben enfrontarse á enfermidade dunha delas, o duro de ser testemuñas da decadencia do ser que máis queren e aínda así manter o humor, a alegría, a vida.


Figuras

Eugenio Canevari

Arxentina

Eugenio Canevari estudou imaxe e son na Universidade de Bos Aires, fotografía e cámara no INRACI de Bruxelas e dirección cinematográfica en Bande à Part –escola de cinema de Barcelona. En 2015 estrea a súa primeira longametraxe, Paula, unha película que denunciaba a situación do aborto en Arxentina e coa que visitou Cineuropa. Figuras é a súa segunda longametraxe.