Nota do público:

8,36

Brasil / 75 min. / Documental / Portugués

Mercar entrada

Mangueira é a escola de samba máis popular do Brasil. En 2016, gañou o campionato do Carnaval de Río cun desfile en homenaxe á recoñecida cantautora brasileira Maria Bethânia. Este é o punto de partida de Febreiros, que segue todo o proceso que inspirou o tema Maria Bethânia: A menina dos olhos de Oyá: desde os deseños das primeiras alegorías, aos desfiles na avenida. O equipo tamén realiza unha viaxe ao interior de Baía acompañando á cantante nas festas populares da súa cidade natal, Santo Amaro da Purificação; e descubrindo as particularidades que inspiraron o desfile, como o seu peculiar universo relixioso, que comprende o candomblé e o catolicismo, as festas herdadas dos escravos, e a apertura da súa casa á comunidade local.


Ficha artística

Maria Bethânia, Caetano Veloso, Mabel Velloso, Leandro Vieira, Pai Pote, Chico Buarque.

Ficha técnica

Guión: Marcio Debellian, Diana Vasconcellos.
Fotografía: Miguel Vassy, Pedro von Krüger.
Música: Bruno Di Lullo, Domenico Lancellotti.
Produción: Daniel Nogueira, Marcio Debellian.

Crítica Cineuropa

A través das historias da cidade natal de Bethânia e o triunfo da escola Mangueira no Carnaval, establécense vínculos entre Río de Xaneiro e Baía, a través de temas históricos como o nacemento da samba, o racismo e a tolerancia relixiosa. O documental, que conta coa participación de músicos e poetas tan recoñecidos como Caetano Veloso (irmán de Maria), Mabel Velloso ou Chico Buarque, concédenos unha magnífica oportunidade para coñecer a arte de Maria Bethânia —icona da contracultura e unha das cantautoras máis queridas de Brasil—, e para mergullarnos durante uns minutos no apaixonante e fecundo mundo da cultura brasileira.


Fevereiros

Marcio Debellian

Niterói (Brasil), 1977

É produtor e director de documentais, espectáculos e exposicións. Cursou estudos en economía pola Universidade Católica de Río de Janeiro e en Teatro pola Casa das Artes Laranjeiras. En 2004 fundou a súa propia produtora, Debê Produções. En 2014 realizou a súa ópera prima, (O vento lá fora). Febreiros é a súa segunda longametraxe.