Romanía / 120 min. / Ficción / Romanés

Mercar entrada

Adaptación cinematográfica da novela homónima do escritor e crítico literario romanés G. Că linescu. A película conta a historia dun amor imposible entre Félix, que chega á capital para estudar, e Otilia, a sobriña do seu anfitrión en Bucarest, Costache Giurgiuveanu, un estraño personaxe que se atopa de xeito evidente en pleno proceso de decrepitude biolóxica e social. A ambición deste por recuperar posicións no terreo social ofrecendo a man de Otilia a un próspero burgués, produce gran sufrimento sentimental en Félix, que intenta entender o “enigma” escondido no novo destino de Otilia.


Ficha artística

Julieta Szönyi, Radu Boruzescu, Gheorghe Dinică, Hermann Chrodower.

Ficha técnica

Guión: George Călinescu (autor) e Ioan Grigorescu.
Fotografía: Alexandru Întorsureanu, Gheorghe Fischer.
Edición: Lucia Anton.
Produción: Studioul Cinematografic Bucuresti.

Premios

  • Película seleccionada na sección Venezia 33 do Festival de Venecia 1972.
  • Mellor actor nos premios da Unión de Cineastas Romaneses.


Felix si Otilia / Felix e Otilia