Nota do público:

6,48

España / 135 min. / Ficción / Castelán

Mercar entrada

Isra e Cheíto son dous irmáns xitanos: Isra está na cadea por narcotráfico e Cheíto enrolado na Mariña. Cando Isra sae do cárcere e Cheíto remata unha longa misión que o levou a Somalia e as Seychelles, ambos os dous regresan á Illa de San Fernando. O reencontro dos irmáns renovará a lembranza da morte violenta do seu pai cando eran nenos. Pasaron doce anos desde La leyenda del tiempo, a primeira película de Isaki cos irmáns Isra e Cheíto. Agora Isra ten 26 anos e regresa á Illa de San Fernando para intentar recuperar a súa muller e as súas tres fillas. Pero será posible para Isra sobrevivir de forma legal no lugar con máis paro de España?


Ficha artística

Israel Gómez Romero, Francisco José Gómez Romero, Rocío Rendón, Yolanda Carmona, Daniela, Erika y Manuela Gómez Rendón, Lorrein Galea y Manuel González del Tanago.

Ficha técnica

Guión: Isa Campo, Isaki Lacuesta, Fran Araújo.
Fotografía: Diego Dussuel.
Música: Raül Refree, Kiko Veneno.
Produción: La Termita Films / B-Team Pictures / All Go Movies / Mallerich Films Paco Poch / Bord Cadre Films / Studio Indie Productions.

Premios

  • Cuncha de Ouro á mellor película no Festival de Cine de San Sebastián 2018.

Crítica Cineuropa

Doce anos despois de dirixir La leyenda del tiempo, Isaki Lacuesta retomou os soños truncados de Isra, o neno que soñaba daquela con ser cantaor de flamenco. Ese mesmo Isra que despois foi abocado ao cárcere. E asistimos sen filtros á marxinalidade, á imposible reinserción social deste esgotado Sísifo que xa decidiu nun par de ocasións soltar a rocha e intentar liberarse do insoportable peso de vivir. Latexan en Entre dos aguas eses ecos do pasado, plenos da dor destas criaturas que teñen moito da dignidade dos golpeados que retrataba Pasolini, e que aquí bracean no barro onde o premio é a supervivencia.


Entre dos aguas

Isaki Lacuesta

Girona (Cataluña), 1975

Escribiu e dirixiu 9 longas. Recibiu o Premio Nacional de Cinematografía da Generalitat de Catalunya, o Ciutat de Barcelona e o Premio Eloy de la Iglesia. Os seus filmes exhibíronse en festivais de todo o mundo e en centros como o MOMA de Nova York, a National Gallery de Washington ou o Lincoln Center. O 23 de novembro, o Centro Georges Pompidou inaugurará unha retrospeciva dedicada á súa obra.