Nota do público:

9,07

Estados Unidos, España / 96 min. / Documental / Castelán

Mercar entrada

Retrato cinematográfico do primeiro intento na historia de procesar os criminais da ditadura franquista, quen, para descoñecemento de gran parte do mundo, gozaron de impunidade durante décadas debido á Lei de amnistía de 1977. A película saca á luz un pasado doloroso ao que España é remisa a enfrontarse, mesmo hoxe en día, décadas despois da morte do ditador.


Ficha técnica

Guión: Almudena Carracedo, Robert Bahar.
Fotografía: Almudena Carracedo.
Música: Leonardo Heiblum, Jacobo Lieberman.
Produción: Semilla Verde Productions / Lucernam Films / American Documentary POV / Independent Television Service / Latino Public Broadcasting (LPB) / El Deseo.

Premios

  • Premio do público ao mellor documental da Sección Panorama no Festival de Berlín 2018.


El silencio de otros

Almudena Carracedo

Madrid (España), 1972

Tras desenvolver a súa carreira profesional nos Estados Unidos, regresou a España en 2012 para traballar en El silencio de otros, en colaboración con Robert Bahar. Tras sete anos de produción, o filme tivo a súa estrea mundial na 68ª edición da Berlinale, onde se alzou co premio do público e o premio de Cinema pola Paz.

Robert Bahar

Filadelfia (Estados Unidos), 1975

Vive e traballa entre Madrid e Brooklyn. Produciu e realizou cinema independente e os documentais Laid to Waste e Made in L.A., polo que foi galardoado cun Emmy como produtor e guionista. Impartiu clases na University of Southern California (USC), University of California Los Angeles (UCLA), Columbia e Yale, entre moitas outras universidades.