España / 92 min. / Ficción / Castelán

Nunha pequena poboación de provincias, próxima á capital, vive unha familia composta por tres irmáns: a severa Ignacia e os apoucados Paquita e Venancio. A monotonía só é rota os sábados cando chega un conxunto musical de Madrid para amenizar as noites da fin de semana. Un sábado de tormenta, Paquita e Venancio buscan asustados a protección da súa irmá. No seu cuarto atopan alguén, pero Ignacia négao rotundamente.


Ficha artística

Carlos Larrañaga, Tota Alba, Lina Canalejas, Jesús Franco, Rafaela Aparicio, Sara Lezana, María Luisa Ponte.

Ficha técnica

Guión: Manuel Ruiz Castillo, Pedro Beltrán, Luis García Berlanga.
Fotografía: José F. Aguayo.
Música: Cristóbal Halffter.
Produción: Ízaro Films / Pro Artis Ibérica.


El extraño viaje