España / 56 min. / Documental / Castelán

É a industria do espectáculo un monstro que comeu o deporte? Todos os equipos de fútbol e os seus xogadores réxense só polo diñeiro? Todos? Todos non! O U.C. CEARES é un pequeno equipo de barrio de Xixón que resiste autoxestionado, intentando saír adiante co orzamento máis baixo da categoría e enxalzando os auténticos valores do fútbol. O seu lema déixao claro: Últimos en diñeiro, primeiros en corazón. Malia isto, non todo é diversión e alegría no Ceares. Ser o equipo máis humilde da categoría tamén provoca unha loita encarnizada contra os elementos para manter a supervivencia. Pero o U.C. Ceares ten algo que os grandes clubs non teñen: o orgullo de saber que o equipo é de todos os que forman parte del. Unha historia de supervivencia nos tempos do fútbol astronómico.


Ficha técnica

Guión: Rafa de los Arcos, Miguel Ángel Blanca, Bernat Manzano.
Fotografía: Gris Jordana, Àlex Sans.
Música: Niño y Pistola, Mujeres, A Singer of Songs.
Produción: Bernat Manzano.

Premios

  • Premio do público no Festival de Xixón 2017.


El equipo de mi barrio

Rafa de los Arcos

Vigo (España), 1979

Graduado na ESCAC, dedicouse ao mundo da realización e á montaxe de videoclips, campañas de publicidade e curtametraxes, que foron seleccionados e premiados en diversos festivais internacionais. En 2105 escribe e dirixe o documental Dous pratos e un micro, 30 anos de cultura Hip Hop en España (TVE).