Nota do público:

7,88

España / 80 min. / Documental / Castelán

Mercar entrada

Tras corenta anos de ditadura, a reconstrución do sindicato anarquista CNT durante a Transición española superou todas as expectativas. A histórica central obreira converteuse na casa común, o paraugas baixo o cal todas as loitas parecían ter cabida. Pero o seu espectacular crecemento non pasaría inadvertido nun momento especialmente delicado para o país debido ao cambio de réxime e aos efectos da crise económica. El entusiasmo é tamén a historia dunha derrota.


Ficha técnica

Guión: Luis E. Herrero.
Produción: Hanoi Films, Aved Producciones.


El entusiasmo

Luis E. Herrero

Madrid (España), 1976

Historiador, realizador cinematográfico e investigador cultural. O seu labor no ámbito da investigación e divulgación da cultura levouno a colaborar con distintas institucións e publicacións de historia, literatura e cinema. O Entusiasmo é a súa primeira longametraxe.