España / 110 min. / Ficción / Castelán

Roberto Orbea, que fora militante clandestino dun partido de esquerdas durante o franquismo, é elixido deputado nas eleccións de 1977. No momento máis importante da súa carreira, cando está a piques de ser nomeado secretario xeral do seu partido, é vítima da chantaxe dun grupo de extrema dereita que ameaza con airear a súa homosexualidade.


Ficha artística

José Sacristán, María Luisa San José, José Luis Alonso, Enrique Vivó, Agustín González, Queta Claver, Ángel Pardo, Juan Antonio Bardem.

Ficha técnica

Guión: Eloy de la Iglesia, Gonzalo Goicoechea.
Fotografía: Antonio Cuevas.
Produción: Figaro Films / Producciones Cinematográficas UFESA.


El diputado