México / 5 min. / Videoarte /

A artista estuda certos tópicos do melodrama e presupón os usos de materiais para poder accionar o pranto e os acenos de dor. A través desta metáfora pon en cuestión os rituais cotiáns. «Mírome no espello, pero a través do abatido orificio dunha máscara, o círculo rompe polo ángulo cortante dun teléfono que segue soando. Collo a culler de novo. Non hai forma de escapar do aburrimento cotián. Cada puntuación gramatical constitúe unha procura dunha ruptura na realidade ou un estado intensificado». Trátase dunha obra referencial da videoarte que ao ser incluída nesta xenealoxía cuestiona os límites das categorizaciones.



El diablo en el cuerpo

Ximena Cuevas

Cidade de México (México), 1963

É unha das principais videoartistas mexicanas. Os seus vídeos foron exhibidos en festivais internacionais de cine e vídeo como o de Sundance ou o Nova York Film Festival. O seu traballo busca desenmascarar as capas de mentiras que cobren as representacións diarias da realidade e sistematicamente explora as ficcións da identidade nacional e do xénero a través da performance e o vídeo.