Nota do público:

7,02

Irán / 93 min. / Ficción / Persa

Mercar entrada

Golsa é unha rapaza de 16 anos que vive coa súa familia nunha pequena poboación preto de Teherán. Ela pasa a meirande parte do seu tempo saíndo cun grupo de amigos. Un día, o grupo toma unha decisión cuxas consecuencias terán resultados inesperados e converterán a súa diversión nalgo moito máis complicado. Os eventos que seguen cambian radicalmente a perspectiva de Golsa sobre a vida.


Ficha artística

Negar Moghaddam, Yasna Mirtahmasb, Houshang Tavakoli, Ali Mosaffa, Shabnam Moghaddami.

Ficha técnica

Guión: Hamed Rajabi.
Fotografía: Ashkan Ashkani.
Música: Shahab Paranj.
Produción: Samira Baradari, Roohollah Baradari, Touba Film.

Premios

  • Mención especial na competición Generation 14plus da Berlinale 2018.
  • Mellor actriz no Fajr International Film Festival 2018.
  • Mellor actriz no Xangai International Film Festival 2018.

Crítica Cineuropa

Descuberta na sección Generation da última edición do Festival de Berlin, esta ópera prima é á vez a narración dun suceso policial e un relato de iniciación. Do mesmo xeito que esa cámara que se pega aos seus ombreiros e a segue de preto, Golsa debe convivir cunha ameaza crecente e a presión da súa contorna. O dilema moral ao que se enfronta a nova protagonista sostense grazas ao gran pulso cinematográfico da novel directora e a un elenco sobresaínte co que constrúe escenas dunha forza impresionante.


Dressage

Pooya Badkoobeh

Teherán (Irán), 1983

Graduouse en artes gráficas na Escola de Arte de Teherán no ano 2000, e en estudos de teatro na Universidade de Arte Dramática de Azad en 2005. Desde 2003 traballa en Publicidade Televisiva, facendo anuncios comerciais e culturais. De forma paralela, Pooya realizou tamén dúas curtas, ambas as dúas premiadas nacional e internacionalmente. Dressage é a súa ópera prima.