Nota do público:

6,66

Francia / 107 min. / Ficción / Francés

Mercar entrada

Alain, un exitoso editor parisiense que loita por adaptarse á revolución dixital, ten dúbidas sobre o novo manuscrito de Léonard, un dos seus autores máis veteranos, por tratarse da enésima obra de autoficción na que recicla a súa historia de amor cunha celebridade menor.


Ficha artística

Juliette Binoche, Guillaume Canet, Olivia Ross, Christa Theret, Antoine Reinartz, Pascal Greggory, Violaine Gillibert.

Ficha técnica

Guión: Olivier Assayas.
Fotografía: Yorick Le Saux.
Edición: Simon Jacquet.
Produción: CG Cinéma / Vortex Sutra / arte France Cinéma.

Crítica Cineuropa

Despois do arriscado envite ao cinema de pantasmas de Personal shopper, Olivier Assayas —habitual do noso festival, onde tivo retrospectiva—, volve a unha contorna que domina. Pero este escenario de personaxes intelectuais de mediana idade elévase, lonxe de lugares comúns, como unha comedia divertidísima, como un Allen afrancesado cuxos personaxes a modo de quixotes da era dixital bracean na brecha das novas tecnoloxías e das vellas ou neonatas infidelidades. Impagable a autoparodia de Juliette Binoche e o gag sobre as felacións, A Cinta branca e Star Wars, O espertar da forza.


Doubles vies / Non-Fiction

Olivier Assayas

París (Francia), 1955

Rodou as súas primeiras curtas mentres traballaba como editor de Cahiers du Cinema. Desde a súa primeira longametraxe, Désordre (1986), creou un particular imaxinario que lle outorgou recoñecemento internacional. Tamén publicou varios libros que inclúen unha colección de ensaios sobre cinema, unha biografía de Kenneth Anger e unha serie de conversacións con Ingmar Bergman.