Nota do público:

7,08

Italia / 102 min. / Ficción / Italiano

Mercar entrada

Nun lugar nos arrabaldes da cidade, onde a única lei semella ser a do máis forte, Marcello vive o día a día entre o traballo na súa modesta barbería para cans, os momentos coa súa adorada filla Alida e unha estraña relación de inferioridade con Simoncino, un ex boxeador que aterroriza todo o barrio. Disposto a recuperar a súa dignidade tras a enésima humillación por parte de Simoncino, Marcello ideará unha vinganza que traerá consecuencias inesperadas.


Ficha artística

Marcello Fonte, Edoardo Pesce, Nunzia Schiano, Adamo Dionisi, Francesco Acquaroli, Alida Baldari Calabria, Gianluca Gobbi.

Ficha técnica

Guión: Maurizio Braucci, Ugo Chiti, Matteo Garrone, Massimo Gaudioso.
Fotografía: Nicolaj Bruel.
Música: Michele Braga.
Produción:Matteo Garrone, Jean Labadie, Jeremy Thomas, Paolo del Brocco.

Premios

  • Mellor actor no Festival de Cannes 2018.

Crítica Cineuropa

Como na súa multipremiada Gomorra, Matteo Garrone recorre ao naturalismo sen ambaxes para contar un caso criminal que conmocionou Italia. Un salvaxe pulso entre un perruqueiro de cans e un boxeador nun arrabalde romano, nun duelo excepcional dos seus actores, Edoardo Pesce e Marcello Fonte, este último mellor actor en Cannes. O home é un lobo para o home. E a vinganza está servida por Garrone como unha mestura de Pasolini e Pascual Duarte.


Dogman

Matteo Garrone

Roma (Italia), 1968

Gradúase no Liceo Artístico en 1986. A súa ópera prima, Terra di Mezzo (1997), acada o premio especial do xurado no Festival de Turín. En 2008 participa por primeira vez na sección oficial do Cannes coa multipremiada Gomorra que se alzou co gran premio do xurado. En 2012 regresa á sección oficial de Cannes con Reality, filme que lle fixo gañar por segunda vez o gran premio do xurado.