Romanía / 104 min. / Ficción / Romanés

Mercar entrada

Adaptación cinematográfica de dúas obras de Fănuș Neagu (Îngerul a strigat e Dincolo de nisipuri). A película é un drama que segue o percorrido dunha familia campesiña, forzada a mudarse á rexión de Dobruja. Polo camiño, un dos personaxes, Neculai Mohreanu, sospeitoso de estar implicado en revoltas sociais, é arrestado e, cando intenta fuxir, dispáranlle. Sete anos máis tarde, obsesionado pola morte do pai, o seu fillo, Ion Mohreanu, decide vingarse e volve ao lugar, onde atopa un mundo totalmente distinto e confuso.


Ficha artística

Dan Nuțu, Emil Botta, Gina Patrichi.

Ficha técnica

Guión: Fănuș Neagu.
Fotografía: Dinu Tănase.
Música: Iosif Conta.
Edición: Yolanda Mîntulescu.


Dincolo de nisipuri / Máis alá das areas