Nota do público:

7,21

Alemaña / 73 min. / Ficción / Alemán

Mercar entrada

A ópera prima de Alisa Berger parte do narrativo ao experimental para reflexionar sobre “a idea romántica da lixeireza e da gravidade cero como un desexo colectivo estraño e paradoxal, para superar a gravidade da Terra, que parece ser unha especie de vínculo pesado e destrutivo”. A opresiva cerimonia de gradación dos xemelgos Linda e Anton actúa como punto de partida da película. Os tres personaxes principais ansían desfacerse da insoportable forza gravitatoria que exerce sobre eles o fogar familiar e comezan así a virar en diferentes órbitas, ensimesmados nos seus propios corpos. O pai, alcólico, unicamente obedece aos impulsos do seu corpo; Anton cede o control do seu a un experimento de repouso absoluto a longo prazo para alcanzar o seu soño de converterse en astronauta, e Linda está a aprender a descubrir a súa sexualidade. Xorde así o paradoxo entre o desexo de evadirse, de gravitar, e a auténtica realidade que provoca o abandono do noso corpo.


Ficha artística

Lars Rudolph, Zita Aretz, Béla Gabor Lenz, Luzie Nadjafi, Daniel Michel, Britta Thie.

Ficha técnica

Guión: Alisa Berger.
Fotografía: Bine Jankowski.
Edición: Alisa Berger, Yana Höhnerbach, Gesa Hille.
Produción: Alisa Berger, Robert Schaefer, Darius Cernota.

Premios

  • Mellor longametraxe na categoría de novos realizadores do Festival Cinematográfico Internacional do Uruguai 2018.

Crítica Cineuropa

Os corpos dos astronautas convértese nunha historia poética sobre a beleza do ser humano e o soño de ir ao espazo, cinema orixinal e arriscado, tanto desde o punto de vista narrativo como formal. O uso de ángulos e primeiros planos extremos, imaxes intermedias confusas e material de arquivo intercalado na trama proporcionan uns magníficos xogos visuais que reforzan a natureza reflexiva deste belo debut.


Die körper der astronauten / Os corpos dos astronautas

Alisa Berger

Makhachkala (Rusia), 1987

Esta artista e cineasta que vive e traballa de a cabalo entre Tokio e Colonia, estudou Cinema e Belas Artes na Academy of Media Art Colonia (KHM) e na Universidade Nacional de Colombia. Berger enfoca o seu traballo na realización de obras performativas e en filmes experimentais e de ficción. Os corpos dos astronautas é a súa ópera prima.