Nota do público:

6,16

Estados Unidos / 95 min. / Ficción / Inglés

Mercar entrada

Diane é unha viúva septuaxenaria que dedica a súa vida a coidar dos demais. Enche os seus días servindo comida aos vagabundos, visitando a amigos enfermos e, sobre todo, intentando axudar o seu fillo drogadicto. Pero Diane tamén convive coa sombra da culpa por un antigo pecado.


Ficha artística

Mary Kay Place, Jake Lacy, Andrea Martin, Deirdre O'Connell, Glynnis O'Connor, David Tuttle, Joyce Van Patten, Phyllis Somerville.

Ficha técnica

Guión: Kent Jones.
Fotografía: Wyatt Garfield.
Música: Jeremiah Bornfield.
Produción executiva: Martin Scorsese, Julia Lebedev, Eddie Vaisman, And Leonid Lebedev.
Produción: AgX / Sight Unseen Pictures.

Premios

  • Premio Founders á mellor longametraxe narrativa, mellor guión e mellor fotografía no Tribeca Film Festival 2018.

Crítica Cineuropa

A primeira película de ficción de Kent Jones é unha viaxe o fondo da insatisfacción dunha muller —soberbia Mary Kay Place— que parece lastrada polos problemas dos seres queridos aos que coida. Un looping argumental permítenos coñecer o que xa intuïamos, que Diane foxe de si mesma, dos seus demos interiores. E a oscilación do drama á comedia flúe de modo natural nesta obra que respira moito de elexía pola nai do propio Kent Jones.


Diane

Kent Jones

Misuri (Estados Unidos), 1964

Cineasta, escritor e programador de festivais internacionalmente recoñecido. É autor de varios libros, incluíndo Physical Evidence (2009). O seu documental máis recente, Hitchcock / Truffaut, foi exhibido na 29ª edición de Cineuropa. Desde 2013 dirixe o Festival de Cinema de Nova York. Diane é a súa primeira película de ficción.