México / 2 min. / Experimental /

Trátase dunha película que retrata unha performance exposta onde se reafirma a enunciación feminista a través da sinalización poética da corporalidade como xeito de interpelación ao canon modernista. Os alcatraces ou calas, moi presentes na pintura clásica mexicana, son aquí un obxecto xerador de caricias que resaltan a coloración da pel a través da textura achegada pola realización en súper 8. A artista logra unha atmosfera sutil contaminada polo gran da película, un clima erótico na relación da súa pel coas flores.



Desnudo con alcatraces

Silvia Grüner

Cidade de México (México), 1959

Estudou no Massachusetts College of Art e na Betzalel Academy of Art and Design. A súa obra é multidisicplinar e comprende videoarte, fotografía, performance e cinema super 8 que integra en instalacións. O seu traballo reflexiona sobre a individualidade corporal e a colectividade, mesturando feminismo e postconceptualismo. O seu labor influenciou a varias xeracións posteriores de creadores.