Nota do público:
Joana creceu en París rodeada de rock e literatura. Pero en 1979, cando se declara a amnistía en Brasil, Joana regresa ao país que apenas lembra, da noite para a mañá e en contra da súa vontade. En Río, ela recupera lembranzas dunha infancia fragmentada e dun pai desaparecido. Nin todo é real, nin todo é imaxinación. Como lembra, Joana é quen de escribir a súa propia historia en tempo presente.
Jeanne Boudier, Sara Antunes, Eliane Giardini, Hugo Abranches, Julian Marras, Jesuita Barbosa, Arthur Raynaud.
Guión: Flavia Castro.
Fotografía: Heloisa Passos.
Edición: François Gédigier, Flavia Castro.
Produción: Walter Salles, Gisela Camara, Flavia Castro, Yael Fogieln.
Porto Alegre (Brasil), 1965
Filla de exiliados brasileiros en Francia, esta directora, guionista e editora traballou como asistente de dirección con cineastas como Richard Dindo e Philippe Grandrieux, e como guionista con Eduardo Escorel ou Vicente Amorim. O seu celebrado documental Diário de uma busca foi premiado en Río de Xaneiro, A Habana, Biarritz e no DocLisboa. Deslembro é a súa primeira longa de ficción.