España / 63 min. / Documental / Castelán

Documental no que músicos e persoas relacionadas co panorama musical reflexionan sobre as últimas catro décadas da escena viguesa. Un percorrido histórico que abrangue desde a Movida dos 80 ata a actualidade, tocando tanto temas locais como globais.


Ficha artística

Julián Hernández, Óscar Avendaño, Suso Hidalgo, Miguel Costas, Germán Fandiño, Eladio Santos, Javier Abreu, Nicolás Pastoriza, Mauro Comesaña, Quique Rodríguez, Fran Fernández, Israel Ruíz, Belén Lamas, Toño López, Roy Basanta, Nacho Dafonte, Sergio Martínez.

Ficha técnica

Guión: Pablo Vázquez y Denis Carballás.
Fotografía: Pablo Vázquez.
Música: Siniestro Total, The Soul Jacket, Eladio y los Seres Queridos, Basanta, Golpes Bajos, Dallasgracias, Presumido, etc.
Produción: Denis Carballás.


Cuna de músicos

Pablo Vázquez

Vigo (España), 1995

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, compaxina o seu traballo de redactor web coa fotografía e os vídeos, xeralmente relacionados co ámbito da música. Nos últimos anos realizou vídeos para Eladio y los Seres Queridos, The Soul Jacket, Pablo Lesuit, Indy Tumbita, Radar Estudios, SON Estrella Galicia ou Super Bock.

Denis Carballás

Vigo (España), 1995

Declárase amante da música e o cinema. Esta unión lévao a estudar comunicación audiovisual en Pontevedra e a codirixir Cuna de músicos. Desde entón compaxina a súa actividade como músico en The Riggos e Nítido con traballos audiovisuais. Ademais de compoñer varias bandas sonoras, participou en videoclips ou gravacións para Indy Tumbita e The Soul Jacket entre outros.