Estados Unidos / 102 min. / Ficción / Inglés

Un detective de policía, Steve Burns, infíltrase no ambiente gai da cidade de Nova York para atrapar a un asasino en serie que mata homosexuais tras practicar xogos sadomasoquistas con eles. O asasino contacta coas súas vítimas en locais habituais de encontro sexual, polo que Burns debe aprender os códigos de conduta que rexen este tipo de garitos para pasar desapercibido e así conseguir información que o leve a descubrir o responsable dos asasinatos.


Ficha artística

Al Pacino, Paul Sorvino, Karen Allen, Richard Cox, Joe Spinell, Don Scardino, Powers Boothe, James Remar, Ed O'Neill.

Ficha técnica

Guión: William Friedkin.
Fotografía: James A. Contner.
Música: Jack Nitzsche.
Produción: Lorimar / CiP - Europaische Treuhand AG.


Cruising / Á caza