11 min. / Experimental / Portugués

Vivian Ostrovsky viviu a súa infancia e adolescencia en Río de Xaneiro e foi onde se impregnou da sonoridade e o movemento inquieto de Copacabana Beach. Este filme foi integrado no programa de superochistas brasileiros e mencionado por Johnson e Stam como “beach symphony filme”. Trátase dunha colaxe lúdica que retrata as escenas cotiás dunha xornada en Copacabana ao ritmo de fragmentos musicais, entre eles cancións de Carmen Miranda. Sincronización, fragmentación, retrato, situacións cotiás, todo encadea para realizar unha experimentación con certo toque de humor.



Copacabana Beach

Vivian Ostrovsky

Nova York (Estados Unidos), 1945

Neoiorquina de nacemento, criada en Brasil e educada en Francia. A principios dos anos 70, viaxou por toda Europa cun amigo nun vello Renault organizando festivais de cinema de mulleres e distribuíndo películas feitas por mulleres. Na década de 1980 comezou a facer as súas propias películas, que foron exhibidas nos máis recoñecidos festivais de todo o mundo.