Estados Unidos / 92 min. / Ficción / Inglés

Unha comedia existencial sobre os homes brillantes que ensinaban a xogar ao xadrez ás máquinas naqueles tempos nos que as máquinas parecían torpes e nós intelixentes.


Ficha artística

Tishuan Scott, Gene Williams, Anne Dodge, Patrick Riester, Myles Paige, James Curry, Gerald Peary, Wiley Wiggins.

Ficha técnica

Guión: Andrew Bujalski.
Fotografía: Matthias Grunsky.
Produción: Scott Colquitt, Morgan Coy.


Computer chess

Andrew Bujalski

Massachusetts (Estados Unidos), 1977

Estudou cine no Departamento de Estudos Visuais e Ambientais de Harvard, onde a cineasta belga Chantal Akerman foi a súa titora de tese. A súa cuarta longametraxe, Computer Chess, estreouse no Festival de Cinema de Sundance 2013 e gañou o Premio Alfred Sloan á mellor longametraxe.