Nota do público:

6,65

México, Colombia / 84 min. / Ficción / Castelán

Mercar entrada

Nun México atemporal unha nena vístese dun xeito estraño para ocultar o seu xénero, usa unha máscara de Hulk e axuda o seu atormentado pai a coidar un campo de béisbol abandonado onde xogan traficantes de drogas.


Ficha artística

Ángel Leonel Corral, Fabiana Hernández, Matilde Hernández, Jhoan Martinez, Wallace Pereyda, Sostenes Rojas.

Ficha técnica

Guión: Julio Hernández Cordón.
Fotografía: Nicolas Wong.
Música: Alberto Torres.
Produción: Burning Blue,Woo Films.

Crítica Cineuropa

Nun momento no que hai inflación de filmes distópicos, moita atención a esta sensacional obra do mexicano Julio Hernández Cordón. Un desértico futuro, onde as mulleres case desapareceron. E a pugna dunha nena por manter un hálito de inocencia e salvar ao mesmo tempo ao seu pai toxicómano nun escenario de violencia e inhumanidade. Do mellor da Quincena de Realizadores de Cannes.


Cómprame un revólver

Julio Hernández Cordón

Cidade de México (México), 1975

Director e guionista, estudou ciencias da comunicación en Guatemala e realización cinematográfica no Centro de Capacitación Cinematográfica en México. Dirixiu, entre outras, Gasolina (2008), Las marimbas del infierno (2010), Polvo (2012), Te prometo anarquía (2015) e Atrás hay relámpagos (2017).