Arxentina / 11 min. / Experimental / Inglés

Come Out é considerada unha das primeiras obras de cinema estrutural en América Latina. Narcisa Hirsch defínea como a película que representa o espírito do underground experimental do grupo no que traballaban. Foi rodada nun soto tomando como inspiración o que é a base sonora do filme, a peza de música experimental homónima pertencente a Steve Reich Come Out (USA, 1966). Esta peza foi composta en apoio ao reclamo polo conflito de seis mozos negros arrestados por asasinato durante as manifestacións de Harlem en 1964. Narcisa toma as reberveracións e as modificacións sonoras do músico para expandilas a través da hipnose visual lograda a través do fóra de foco e a potenciación da atmosfera subterránea.


Ficha técnica

Música: Steve Reich.


Come Out

Narcisa Hirsch

Berlín (Alemaña), 1928

Cineasta de longa traxectoria en cine experimental. Na década dos 60 e 70 expandiu a súa actividade en forma de instalacións, performances, grafitis e intervencións urbanas. As súas obras analizan temas como o amor, o nacemento e a morte, ou interrogantes sobre a condición feminina tratados cunha linguaxe de imaxes particularmente íntima, de marcada poesía visual e sonora.