Uruguai / 3 min. / Abstracto,Musical /

Tomando a consigna feminista “o persoal é político” poderíase afirmar que este filme é tan poético como político debido a que foi realizado nun contexto onde o cinema experimental era rexeitado pola narrativa patriarcal reflectida a través da crítica e a cultura cinematográfica en xeral. É así que estas pingas de pintura filmadas en vivo poderían ser unha especie de action painting cinematográfico acompañado da musicalización en vivo do Hot Jazz Club, polo tanto o son é agregado a través da banda magnética. Debido a esta particularidade o filme foi restaurado no seu formato orixinal para poder preservar a integridade da sonoridade.


Ficha técnica

Sonido: Hot Jazz Club.
Fotografía: Walter Dassori.
Restauración: Orphans Film Symposium e BBOptics.


Color

Lydia García

Montevideo (Uruguai), 1927

Cineasta experimental e documentalista, gañadora do premios en concursos nacionais, obtivo mencións en festivais estranxeiros. Traballou como docente de debuxo técnico no Instituto Escola da Construción da Universidade do Traballo do Uruguai. Formou parte de Cinema Universitario e foi parte do comité de Cinemateca Uruguaia. Destacouse como tenista profesional.