Nota do público:

6,99

Francia / 208 min. / Ficción / Francés

Mercar entrada

Quinquin é agora adulto e faise chamar Coincoin. Deambula pola Costa de Ópalo e asiste a reunións do Partido Nacionalista con Fatso, o seu amigo da infancia. O seu antigo amor, Eve, abandonouno por Corinne. Cando preto da poboación atopan un magma estraño, os habitantes comezan a comportarse de xeito diferente. Os nosos dous heroes, o capitán Van Der Weyden e o seu leal axudante Carpentier, falan de posibles ataques alieníxenas. Comeza a invasión extraterrestre.


Ficha artística

Alane Delhaye, Bernard Pruvost, Philippe Jore, Julien Bodart, Christophe Verheecke, Alexia Depret, Lucy Caron.

Ficha técnica

Guión: Bruno Dumont.
Fotografía: Guillaume Deffontaines.
Edición: Bruno Dumont, Basile Belkhiri.
Produción: Jean Bréhat, Rachid Bouchareb, Muriel Merlin.


Coincoin et les z'inhumains / Coincoin contra os extraterrestres

Bruno Dumont

Bailleul (Francia), 1958

Os seus dous primeiras filmes, A vida de Xesús (1997) e Humanidade (1999), longamente aclamados en Cannes, presentaron a Dumont como un director singular, en oposición aos cineastas franceses contemporáneos. Aínda que o seu cinema se basea nunha realidade moi concreta, foxe do realismo social en favor doutro máis abstracto onde a traxedia e o burlesque van da man.