Francia / 115 min. / Ficción / Francés

Unha noite, ao rematar a súa quenda, Sandrine é despedida do local de striptease onde traballaba como camareira, xusto no mesmo momento no que tamén despiden a Nathalie, unha das stripper. As dúas mozas non tardan en conxeniar e Nathalie, de natureza máis cobizosa, ensinará á cálida Sandrine a utilizar a súa sexualidade para obter todo o que se lle antolle. Para probar a súa teoría, Nathalie fará que ambas as dúas sexan contratadas pola empresa onde traballa Christophe, a quen pretenden conquistar.


Ficha artística

Coralie Revel, Sabrina Seyvecou, Roger Mirmont, Fabrice Deville, Blandine Bury, Olivier Soler.

Ficha técnica

Guión: Jean-Claude Brisseau.
Fotografía: Wilfrid Sempé.
Música: Julien Civange.
Produción: La Sorcière Rouge.


Choses secrètes / Paixóns segredas