España / 104 min. / Documental / Castelán,Catalán

Un espléndido documento para a mellor comprensión da figura do ditador. O filme desenvólvese entre os anos 1926 e 1939, é dicir, entre o momento en que Franco comeza a súa espectacular ascensión militar durante a guerra de África, e o ano en que se celebra o primeiro desfile da vitoria. Martín Patino analiza aquí, mediante un abondoso material de arquivo inédito, unha serie de importantes sucesos e actitudes persoais que configurarían o réxime autoritario.


Ficha técnica

Guión: Basilio Martín Patino, José Luis García Sánchez.
Fotografía: Alfredo F. Mayo.
Edición: José Luis Peláez.


Caudillo