España / 113 min. / Ficción / Castelán

José María, un mozo de 16 anos, séntese muller nun corpo de home. Axuda no negocio familiar, un pequeno hotel nunha poboación próxima a Barcelona. Con todo, non encaixa na súa contorna. A súa irmá é a súa auténtica confidente, a única persoa a que lle pode contar todo o que lle acontece. Tampouco no instituto se sente feliz debido ao desprezo dos seus compañeiros.


Ficha artística

Victoria Abril, Lou Castel, Bibiana Fernández, Fernando Sancho, Mario Gas, Rafaela Aparicio, Joan Borrás, José Castillo.

Ficha técnica

Guión: Joaquím Jordá, Vicente Aranda (Historia: Carlos Durán).
Fotografía: Néstor Almendros.
Música: Ricard Miralles.
Produción: Impala / Morgana Films.


Cambio de sexo