Porto Rico / 9 min. / Experimental,Musical /

Blues Tropical é parte da triloxía onde a artista expón a rabia e impotencia producidas pola situación de miseria na illa de Porto Rico a causa do imperialismo ianqui. A través dunha estrela danzante a artista traballa a metáfora de estrela como desexo de liberdade que atravesando documentos visuais vai reafirmando a súa mirada anticolonialista. Trátase dun filme que usa a intervención física da metraxe atopada para narrar a memoria colectiva e as manchas que se produciron, e se seguen a producir, pola intervención xeopolítica.



Blues Tropical

Poli Marichal

Ponce (Porto Rico), 1955

Gravadora, cineasta e ilustradora. Obtén un bacharelato en arte con especialización en gravado da Escola de Artes Plásticas de San Juan. Posteriormente completa un mestrado en arte no Massachusetts College of Art. A súa obra combina o expresionismo e o simbolismo, o realismo e a fantasía para crear imaxes que converxen na creación dun discurso sobre a condición humana.